INTERVIEWS

31/05/2014: Corre-Teo, evento solidario

28 May , 2014  

Texto: Xabier Rodríguez | Versión en castellano

Dende Reseteando, unhas das nosas intencións dende o comezo foi a de apoiar e difundir iniciativas sociais tamén no mundo deportivo. E desta vez imos á base, ao pequeno, ao local, á comunidade. Imos coñecer a aventura dun grupo de estudantes que deciden poñer en marcha a organización dunha carreira popular solidaria, a I Corre-Teocarreira de 8 km que se celebrará no propio municipio de Teo, moi preto de Santiago de Compostela

Cómpre salientar que o fenómeno runner cada día está máis inmerso na vida cotiá das e dos cidadáns. E por todas e todos é sabida a influencia que o deporte en xeral pode ter na sociedade, especialmente nos máis cativas/os.

Deste xeito, aproveitar dita práctica deportiva para transmitir valores e apoiar proxectos sociais, é de alabar. Pero o mérito real da iniciativa da que vos imos falar reside en que ésta veña dende un grupo de estudantes dispostos, máis que a obter coa organización dunha carreira pedestre unha matrícula no seu proxecto final do Ciclo Medio de Actividades Físico-Deportivas, a agasallar cun fermoso detalle a un colectivo que teima de facerse escoitar cada día máis como é a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade de Teo (ASPAMITE). 

Malia á inexperiencia e xuventude, a carencia de fondos e algunha que outra traba, a intención altruista e solidaria destas rapazas e rapaces é exemplar. Para coñecer con detalle o que teñen entre mans falamos con Álex Castro, coordinador e organizador da Corre-Teo. ¡Damos pois o pistoletazo de saída e comezamos!


Xabier Rodríguez: Cándo e por que nace a idea de Corre-Teo?

Álex Castro: O Corre-Teo nace dun proxecto de fin de curso dos alumnos do Ciclo Medio de Actividades Físico-Deportivas de Silleda e celebrarase o próximo 31 de Maio  a partir das 09:00 horas, cando se empezará a entregar os dorsais ás e aos participantes.

corre teo

Álex Castro, estudante do Ciclo Medio de Actividades Físico-Deportivas de Silleda e coordinador e organizador da I Corre-Teo.

 X.R.: E por qué ese carácter solidario da carreira?

A.C.: Esta carreira non deixa de ser un proxecto de fin de curso, ningún dos integrantes da organización queriamos obter beneficio algún polo que pensamos en donar todos os beneficios que consigamos recadar por medio das inscricións ou mediante a iniciativa Dorsal 0.

 X.R.: Poderías explicarnos que é o Dorsal 0?

A.C.: É una proposta que lanzamos dende a organización que está dirixida a todas aquelas persoas que non queiran ou non poidan participar na proba, pero si estean interesadas en colaborar coa causa que perseguimos, aportando simbólicamente a inscrición da categoría absoluto/veterano.

X.R.: Credes que é preciso ligar deporte con iniciativas sociais? Por qué?

A.C.: Vemos moi importate a relación que existe entre o deporte e as iniciativas sociais. Cremos que ademais de divertirse, a xente participando en eventos deportivos desta categoría ao mesmo tempo pode axudar a mellorar a situación doutras persoas que realmente o precisan.

X.R.: Para uns estudantes coma vós, e nun momentos actual no que é complicado aventurarse con este tipo de proxectos debido a falta de apoio económico, está sendo doado organizar o Corre-Teo ou aparecen demasiadas trabas?

A.C.: A verdade é que a organización dun evento resulta complicada e máis para un grupo de estudantes que non temos experiencia á hora de planificar este tipo de eventos. Pero por sorte moitos amigos axudáronnos a facer as cousas: Malicia Creative World que nos fixo o deseño das camisolas e a imaxe do noso cartaz, Cruz Vermella co apoio sanitario, Emesports coa pasarela de pago, Café Bar A Senra co avituallamento e moitas outras.

corre teo 2

Cartaz da carreira pedestre solidaria Corre Teo, deseñado por Malicia Creative World

X.R.: Outro aspecto rechamante como ben dis é a participación altruísta de certos colaboradores particulares, os cales non están a recibir ninguna contraprestación económica polos servizos ofrecidos. Vedes á cidadanía comprometida socialmente?

A.C.: Si, como ben afirmades o 100% dos colaboradores do I Corre-Teo solidaria participaron dunha foma completamente altruísta dende o primeiro momento, axudándonos cas necesidades que tiña a organización desta carreira, do que estaremos agradecidos sempre.

X.R.: Estades a contar co apoio da veciñanza? e por parte das institucións?

A.C.: Moitos veciños xa están inscritos na carreira, polo que estamos moi agradecidos coa súa colaboración xa que alguns deles non son atletas nin acostuman participar en eventos destas características.

Por parte das institución polo de agora están colaborando activamente no desenvolvemento desta proba tanto o Concello de Teo, Protección Civil de Teo, Deputación da Coruña e demais organismos.

X.R.: Credes que se debería incentivar máis este tipo de eventos dende a administración pública e demais institucións?

A.C.: Opino que apostar polo deporte e incentivar actividades deportivas é moi bo, xa que apostas pola saúde e o benestar e non deixa de ser unha boa maneira de socializar.

X.R.: Corre-Teo quedarase nun evento pasaxeiro ou buscará consolidarse entre as carreiras populares?

A.C.: Trataremos de consolidar esta carreira para que ano tras ano chegue a convertise nunha popular de sona. Cunha historia de base como ten está edición agardemos que dure moitos anos mais.


, ,


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *