Diego Parajó: “Dinamizar, empoderar, dinamitar” (I)

Texto: Arturo Nicolás | Foto de portada: Startup Pirates Galicia | Versión en castellano

Quedamos co noso protagonista de hoxe ás 17:30 horas en Vilagarcía de Arousa, en plenas Rías Baixas galegas. Arrincamos o coche estreando o novo disco de Kasabian mentres imos comentando o grande xogo que pode dar a entrevista. E é que quixemos sentarnos a parolar con Diego Parajó, socio fundador e xerente de Xeneme proxectos sociais, pola creatividade que desprenden tanto as súas verbas coma os seus proxectos.

Tras equivocarnos de dirección e camiñar case tres quilómetros por erro -somos humanos-, chegamos por fin ao cuartel xeral de Dalleqdalle, o espazo coworking no que actualmente traballa Diego. Despois de presentarnos ao resto de coworkers e poñernos ao día dos nosos respectivos proxectos, dirixímonos ao peirao. Compartimos unhas cervexiñas frías na terraza dun bar sobre o mar, un escenario de postal para unha entrevista que promete moito.

Diego seduce porque, ademais de ser un fervellasverzas e un furacán de ideas, é un tipo que fala desde a experiencia. Un non tarda moito en percibir que a innovación social corre polas súas veas. E unha cousa está clara: telo pillado en pleno proceso de transformación da súa empresa foi unha auténtica bendición.


Arturo Nicolás: Comecemos facendo un repaso da historia de Xeneme: ¿qué fai, por qué e cándo naceu, qué momento vive actualmente?

Diego Parajó: Nace no 98. Somos da 2ª promoción de Educación Social en Santiago. Foi una vivencia moi intensa porque é chegar á facultade e vivir o feito de que nin dios sabía nada, os propios profesores estaban moi emocionados con esa nova andadura e demais. Aqueles anos tamén os vivimos como moi activos a nivel de organización estudiantil. Logo pasamos algúns de nós a formar parte dos procesos que se xeraron tamén a partir de aí, como foi una asociación de estudantes, logo una asociación profesional. Iso foi o xérmolo do que sería o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia (CEESG).

Vivimos moi intensamente o que foi a implantación e o desenvolvemento deses primeiros momentos da educación social desde a universidade –xa había xente facendo educación social dende moito tempo atrás-. Era un tema moi novo e desubicado en relación a cómo relacionarse co resto de profesións. Hai un plantexamento que segue vixente en algúns casos, temas de rollo corporativista e tal. Claro, para min quedou moi de lado todo iso, a vida foime dando outra cousa completamente distinta.

Desde que naceu Xeneme ata pasados 10 anos –ata 2008- o que houbo desenvolveuse en varias fases. Nun primeiro momento case era un modelo asociativo, unha ONG onde o que pretendías era ir sacando proxectos pouco a pouco mentras ías facendo outras cousas, sobre todo formarte e participar con outra xente.

Quizáis foi a partir do 2003, cando montamos a sociedade limitada laboral (S.L.L.), cando empezamos a acelerar: cambiamos os métodos, formámonos máis en temas de empresa, empezamos a viaxar e coñecer outros modelos de negocio que se estaban dando polo resto de España, sobre todo en País Vasco e Cataluña. E tamén gracias a esa rede que estaba compartida co colexio profesional daste de conta que estás facendo o que se está facendo en moitos sitios.

No 2007 participamos xa como ponentes nun dos congresos de educación social, que foi para nós como un subidón. Foi como hostia, estamos no mellor momento, e realmente foi así, 2008 foi un ano de subidón: eramos un montón de xente, unhas 15 personas traballando. Era demasiado. Naquel momento era a leche e agora mesmo véxoo na distancia como una pérdida de control sobre o crecemento da empresa, que tiña moito que ver co feito de que o 90% dos nosos clientes eran concellos. Éstes estaban nutríndose financieiramente de toda esa burbulla inmobiliaria e claro, no momento en que todo iso comezou a fallar empezaron a verse os primeiros desaxustes.

No 2008 xa había desaxustes que tiñan que ver cos famosos impagos dos concellos. Iso, sumado a un cambio de goberno na Xunta que freou por completo a liña de desenvolvemento de subvencións, pois nada, en cuestión de dous anos, no 2010, estamos caendo en barrena. Como cando vas en bicicleta e sabes que te vas a pegar una hostia , sábelo [risas], sabes perfectamente que non podes facer nada: é suficientemente rápido como para non poder facer nada pero suficientemente lento como para ser consciente de que te vas a pegar unha hostia. Isto vivímolo nós tamén.

1907979_840684515945837_745907734230627253_n

Diego Parajó traballando visual thinking e “diegramas” para trazar estratexias corporativas na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

Máis ou menos no 2010 foi cando que tivemos que tomar conscientemente as rendas de cómo desmantelar una empresa. Para min foi unha das aprendizaxes máis interesantes; ninguén fala disto cando fala de emprendemento, todo dios véndeche a película de monta una empresa, monta un negocio, desenvólvete como persoa… xa, pero tamén hai una parte importante que non se aborda que é ¿qué fas se iso, polas circunstancias que sexan, non funciona? No caso deste momento concreto non foi só debido a una mala xestión ou mala toma de decisións, senón que ocorreu nun contexto no que non era a túa empresa a que cae abaixo, senón que de repente empezaron a caer empresas por todos lados. Nin sequera os propios consultores que tiñamos naquel momento tiñan moi claro realmente por onde ía nada.

Aquelo significou principalmente atoparnos cunha realidade moi dura. Represéntoo sempre como una nave chea de traballadores sen carga de traballo. Iso foi xa como a hostia incrible, porque claro, soportar esos custos era mposible: despidos, EREs, etc., ata que finalmente chegamos a un punto de equilibrio que xa foi no 2011, onde nos quedamos as persoas centrais da empesa, as que levamos a empresa durante moito tempo.

Logo empezamos a traballar xa nun formato colaborativo. En vez de estar pensando en contratar a xente o que empezamos foi unha dinámica natural de traballar en rede con xente. Empezamos a atoparnos máis a gusto: é una menor carga de responsabilidade –non podías asumila-, pero tamén é certo que había máis xente disposta a traballar doutra maneira. Iso empeceino a vivir a partir do 2011 con outras empresas e con outros profesionais de sector, e sobre todo doutros sectores. No mundo do social en Galicia a xente é moito de traballar no público, conseguir un choio nalgunha entidade que te contrate para facer proxectos. Sen embargo, esa realidade cada vez vai a menos e encóntraste cada vez con máis xente que traballa por conta propia. Aí é onde realmente empezou a xestarse a transformación de Xeneme no que agora mesmo todavía non sei qué é, pero é o gran cambio que fixo. Iso veu acompañado de varias cousas: a liña de servizos sociais desaparece conforme os servizos sociais en Galicia non existen.

A.N.: …directamente.

D.P.: Claro. O que estudei plantexaba un escenario onde había servizos sociais. É curioso cómo agora mesmo o vexo e digo coño, pois estiven montando cousas dunha utopía [risas]. Realmente hai cantidade de cousas que non están e que son totalmente necesarias, dereitos adquiridos que directamente se esfumaron.

Todas as reformas constantes na educación fixeron tambalear tamén a outra parte que facíamos, a de proxectos educativos orientados a profesorado. E por gusto persoal houbo un montón de proxectos que íamos facendo case de carallada, que eran os de xestión cultural, eran unha parte residual do traballo e agora mesmo son o 80% do traballo que fago.

A.N.: Agora estás ubicado no espacio de coworking Dalleqdalle, situado en Vilagarcía. A impresión que nos deu ao entrar nel foi inmellorable, fálanos desta iniciativa.

D.P.: Eu creo que Dalleqdalle nace como consecuencia de dúas cousas. Por un lado hai un grupo de persoas que veñen de intentar ver realmente cómo se poden activar a nivel profesional e estudian o mercado. Non hai moitas cousas en Vilagarcía, e una das que non existía é o concepto de coworking, entón collen e o lanzan. O lanzan tamén porque hai outras referencias en Galicia que están saíndo: o primeiro coworking naceu en A Coruña e se empeza a replicar o modelo. En todas as ciudades hai un, dous ou tres espazos de cowork que están funcionando.

A diferencia que se da ten que ver con que aqueles que funcionan realmente como espacios de coworking son entramados de redes de traballo. Non son centros de negocios que se chaman coworking porque é moito máis molón e moderno.

10288790_868936759787279_7565190661610263004_n

De esquerda a dereita: Xabier Rodríguez, Diego Parajó e Arturo Nicolás, no photocall do espacio coworking Dalleqdalle.

O que se están xerando son espazos de traballo colaborativo, onde nalgúns casos hai profesionales que veñen de profesións que requiren básicamente dun espazo, una mesa, un pc e pouco máis, que teñen moito que ver coa xestión da información e o coñecemento, pero tamén é certo que están aparecendo outros perfiles. Por exemplo, no cowork de Pontevedra (Espacio Arroelo) chámame moito a atención que hai persoas que foron ao cowork a buscar o seu camiño, xente que en vez de quedarse na casa repensando qué é o que fai, entendeu que a filosofía do cowork podía ser un espazo de inspiración e alí se foi. Isto está sucedendo.

Aquí en Vilagarcía está arrancando, pero tamén é certo que hai unhas carencias incribles -por non dicir falta de responsabilidade dos gobernantes-, que teñen que ver sobre todo con esa toma das rendas desta comunidade para realmente favorecer -xa non digo que teñan competencias ou non- que as persoas tomen un papel activo na toma de decisións. A miña impresión é que a xente realmente non ve que exista un diálogo nin una escoita, todo se leva a un plano de tensión a nivel político. Claro, iso xera una oportunidade para un espazo coma Dalleqdalle, que é asumir o liderazgo na xeración de oportunidades a nivel de comunidade. Con todo o morro do mundo e con toda autoridade que iso leva consigo. Supoño que terán que vir un montón de hostias, por falta de confianza e por todo o que supón emprender, pero no meu caso non é novo.

Estouno collendo como un proxecto completamente motivador. Fai pouco falaba con xente que me dicía ¿Cal é a filosofía de traballo que estás facendo agora mesmo en Xeneme? Pois ao Zinc Shower levamos a frase de Dinamizar, empoderar, dinamitar. É simplemente cambiar una letra, pero cambia por completo o contexto e a finalidade. Viñemos un pouco desa realidade, do que eu entendo por desenvolvemento comunitario: hai que dinamizar a comunidade. Xa, dinamizar, pero dinamizar ¿para qué? Pois para que as persoas se sintan libres e collan as rendas realmente do que a nivel de comunidade é importante para elas…

A.N.: …empoderar.

D.P.: …empoderar, ao final. Pero tamén: ¿empoderar para qué? Se nada cambia, se o sistema non cambia, se as regras do xogo non se modifican, se as empresas siguen pensando en producir e en gañar cartos da mesma maneira, se non existe una cuestión ética adecuada aos novos tempos que corren… non serve para nada. Seguiremos replicando o mesmo modelo. Claro, doume conta de que realmente o papel de transformación de todo isto que levo facendo durante tantos anos agora está empezando a ver a luz e digo hostia, era esto. Simplemente era cambiar una letra.

Soa moi hostil, moi retador, como moi de mala hostia, rápidamente te tildan de radical con K, pero non. Realmente é sinxelo: non se trata de dinamitar nada físicamente, se trata de provocar una grande explosión emocional e que se produza un despertar nalgunhas persoas que realmente son líderes pero non o saben. Persoas que teñen realmente a capacidade de movilizar a colectividades, pero que o propio sistema se encarga de calar ese proceso, porque se non estás no sistema eres un antisistema. Claro, falar da responsabilidade social en moitos casos é cuestionar o status quo de gobernantes, de grupos de poder, de empresas que son incuestionables, e non é certo.

Cuestionar as cadeas de valor das empresas e, por qué non, das propias administracións, para min ten que ver con escoitar e facilitar que esas persoas que realmente teñen un poder natural para convencer, poidan facelo. A vía política é perfecta, pero hai outra xente que o fai doutra maneira, sexa coas súas actuacións en ONGs, coas súas actuacións concretas en empresas, etc., para min é dar un paso máis alá. En Galicia sigo vendo cómo segue moi vixente o formato de patrocinio e colaboración cun montón de actos sociais, que son esas tarxetas escaneadas que aparecen nos carteis das festas e das romerías. Esa é a actividade de patrocinio de moitas empresas. Xa, pero e que logo din claro e que eu fago mogollón de cousas, eu aporto mogollón de cartos ou os que poido para facer este tipo de cousas. Para min é o gran reto: facerlles chegar as pemes galegas outra forma de participar e transformar a súa comunidade.

10171741_797156236974918_4179313970995944948_n

Diego Parajó, colaborando co programa Startup Pirates Galicia.

A.N.: Agora que falas das pemes, ¿qué papel pode xogar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na relación entre as pequeñas e medianas empresas e o Terceiro Sector? Semella necesario atopar outro xeito de ser socialmente responsable sen caer no mero márketing…

D.P.: …nin no márketing nin na beneficencia.

A.N.: …exacto, nin no asistencialismo.

D.P.: Exactamente. Para min ése é o gran reto. Eu o vivín estudiando o tema da RSE no máster. Claro, as prácticas eran sobre empresas grandísimas que facturaban mogollón de millóns e tiñamos que ler as memorias de sostibilidade do IBEX 35 e da peña co GRI-A-Plus no-sé-qué. E eu non deixaba de pensar nisto: ¿cómo consigo transferir –segue sendo una resposta que non teño- a importancia que ten una xestión da RSE en relación ás pemes? Cando te achegas a elas daste de conta que sí que fan, dalgunha maneira, toda esa acción social participando en colectivos organizados desde as empresas do sector. Realmente hai una estrutura en Galicia que ten que ver con todo isto. A consideración de economía social e ese respecto pola participación está dentro do ADN da maioría das empresas.

A algún lle vai parecer que a RSE é participar da cofradía de pescadores porque no-sé-qué. Levado a termos máis técnicos: dalgunha maneira esa persoa descubriu que aos seus grupos de interés lles parecía xenial que a súa empresa estivese aportando aí e non poñendo pelas para un proxecto de cooperación internacional que ni me va ni me viene. Aí está un pouco o rollo. Eu creo que a dificultade está niso, hai una serie de conceptos que son complexos de explicar pero que moitas das empresas sí levan tempo aplicando. Habería que intentar paulatinamente achegar estes discursos sempre cun certo grao de utilidade, porque creo que é un pouco o problema da RSE: comprometerse a desenvolver memorias de sostibilidade nunha empresa de dúas persoas ten as súas limitacións. O formato de desenvolvemento das políticas de RSE que se conciben para as grandes empresas ten que adaptarse: non vale para una peme de catro porque non vas a ter una persoa desde dentro facendo iso.

Por outra parte, a comunicación da RSE ten que transformarse en algo máis que vendo máis se parezo máis solidario, máis verde, máis… Claro, parece que o que está chegando en moitos casos é a parte do márketing, o márketing social, pero é que non é eso tampouco. Penso que é o grande reto de todo isto. Ten que ver con que se facilite a aportación de valor mutuo entre as posibles causas que estas empresas poidan apoiar, pero que non sexa a modo de beneficencia, senón que as entidades onde depositen a súa confianza reporten valor ás empresas. Isto é o que todavía non e entende: é un finánciame, un patrocíname, un apóiame, pero non hai un cruce de intereses. Moitas entidades non están conseguindo reportar valor ás empresas e polo tanto hai desconfianza na medida en que éstas non saben exactamente para qué teñen que apoiar esa causa social. Nese diálogo, nesa aportación de valor é onde eu creo que está o problema, porque logo hai un montón de empresas que ves que fan cousas mal orientadas onde a comunicación é mala. É necesaria una labor de difusión como facedes vós desde o blog, pero tamén unha labor de concienciación e de impacto dentro das propias empresas.

A RSE nas pequenas e medianas empresas ten que converterse nunha vantaxe competitiva, ten que ser realmente una fórmula para crear valor para a empresa e para a comunidade. Ten que ser tamén una ferramenta de transformación coa que vaia tirando una empresa doutra, como se fai en moitas das políticas de calidade, que ao final tamén vai un pouco na liña. Crear dinámicas de recoñecemento e de esixencia ao resto de empresas.


* A vindeira semana publicaremos a segunda parte da entrevista con Diego Parajó, onde profundizaremos sobre a RSE e faremos especial fincapé en procesos creativos e design thinking.