Diego Parajó: “Dinamizar, empoderar, dinamitar” (II)

Texto: Arturo Nicolás | Versión en castellano

A continuación reproducimos a segunda parte da conversa que mantivemos distendidamente co gran Diego Parajó, socio fundador e xerente de Xeneme proxectos sociais, entidade de referencia do Terceiro Sector en Galicia. Nesta ocasión parolamos sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE), design thinking e novos espazos e formas de participación cidadá. Se queres consultar a primeira entrega da entrevista fai clic nesta ligazón.


Arturo Nicolás: Antes falabamos sobre a estreita relación entre a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e a beneficencia en moitas empresas. Tocabamos tamén off the record o conflito cortopracismo vs longopracismo. Polo xeral, tanto empresas como administracións públicas apostan polo inmediato, por responder únicamente ao aquí e agora. ¿Cómo se combate isto? ¿Cómo se inocula esa determinación polo longo prazo, por un plan estratéxico a anos vista? ¿Cómo se fuxe da cultura de pan para hoxe e fame para mañá? Comecemos polo enfoque das empresas, se che parece.

Diego Parajó: Claro, para min o fomato precisamente vai por aí. Son as pequenas empresas as que ao final non teñen ese marxe de maniobra. Despois de 15 anos xa vivimos un montón de cambios (de goberno), depende de cómo se vai facendo. En xeral simplemente é algo que tes aí e que vas xestionando de forma natural, é un proceso democrático e cando, coma no noso caso, traballas para administración, non ten que significar tampouco ningún problema. É unha realidade. O asumes como parte do teu enfoque de traballo.

Entendo que as empresas que non están orientadas aos servicios públicos van moito máis alá. O que buscan é a supervivencia e un desenvolvemento de proxecto e creo que aí sí que existe ese longo prazo. O que pasa é que é como todo: ¿Cal sería a mellor estratexia para ir implementando esas políticas de RSE dentro das empresas, tanto grandes coma pequenas? Pois ir conseguindo que se convirta nunha aportación de valor. Hai quen valora que a obligatoriedade da RSE sería un problema porque entonces abriría un mercado que non sería real, como pasou en moitos casos. Sen embargo, tampouco a voluntariedade facilita demasiado as cousas. Cando eu miro para min e vexo que eu me presento a una licitación pública e non importa nada que eu sexa una persoa que teña unha memoria de sostibilidade… Dalgunha maneira parece que se quere empezar a incorporar estas responsabilidades…

A.N.: …cláusulas sociais.

D.P.: …exactamente. Eu penso que iso crea una dinámica e iso xenérao a propia administración. Parece que, por exemplo en Galicia, co novo marco regulador daquel día cando falabamos, coa creación do Observatorio da RSE, parece que hai un compromiso de que o camiño vaia por aí. Pero non é moi visible, non é algo do que a xente estea falando na rúa. É un tema que todavía non está enriba da mesa. Sen embargo, a xente valora positivamente que as empresas adopten eses papeis de forma clara.

En relación ao cortopracismo: é o mal endémico do modelo que temos. Tamén é un mal momento para plantexar calquer outro tipo de modelo, porque se están cuestionando realmente os propios modelos do bipartidismo e demais, sobre todo con estes grandes fregados que estamos vendo estes días en Santiago, por exemplo. Con este tipo de historias, ¿cómo vas a plantexar un longo prazo? Nin de broma, a xente o que quere é que haxa máis control, maior transparencia, maior rigurosidade na información que se transmite. Eu creo que hai máis compromiso de que se implante por parte das empresas e da propia cidadanía que por parte dos grupos políticos, porque iso significa cambiar o modelo, que ata agora mesmo é un manos libres.

Penso que vai haber uns cambios importantes nos próximos anos. Estase producindo un cambio social importante, non so dos modelos produtivos, senón tamén de cómo a xente está vivindo a realidade e cómo vai a quedar o mundo despois destes anos de precariedade en España. Eu creo que vai cambiar bastante o modelo, pero é moi complicado ese cortopracismo tal e como está configurado.

A miña vivencia é a dous niveles. De gobernos locais que están instaurados, que non teñen medo de perder e iso lles permite atreverse a acometer cambios de maior calado, de calqueira color. O ves en concellos importantes aquí en Galicia, estou pensando en Ribeira (PP) e estou pensando en Pontevedra (BNG-PSOE). Esa traxectoria de anos está permitindo en moitos casos a transformación de moitísimos aspectos. Claro, iso pódelo facer cando tes esa seguridade de que vas continuar. Neses casos, eses grupos de goberno atrévense a ir máis alá, pero non deixan de ser medidas moi locales e de impacto directo na comunidade de referencia que se traduce en votos.

10443091_10152511972603493_7500245941127796963_o

Diego, ao igual que na foto de portada, en plena sesión de #Pontetipando, dentro de Pontemprego 2014, feria de emprego de Pontevedra.

A.N.: Momento para falar por fin da Ponte GovJam celebrada en Pontevedra o pasado 7 de Xuño. Imos empezar a casa polo tellado: ¿qué é o que máis che enganchou deste evento?

D.P.: [tómase uns intres para pensar] A parte emocional que xera o feito de traballar con xente que non coñeces de nada intentando resolver un reto que sempre ten a coletilla de cambiar o mundo.

A.N.: Qué bo…

D.P.: [risas] A jam está dentro dun evento internacional que consiste básicamente no plantexamento dun reto a nivel mundial e que se vai descubrindo pouco a pouco. Hai varias temáticas. O primeiro evento é a Global Service Jam onde se pretende deseñar, baixo un reto, algún servizo, proxecto, producto, protocolo, instruccións, etc., algo que vaia orientado específicamente a unha medida que mellore dalgunha maneira o mundo.

A segunda jam é esta que fixemos a fin de semana do 7 de Xuño, precisamente sobre ese mesmo reto pero partindo dos servicios públicos, un concepto xenérico de gov, para que tivese cabida en todo o mundo.

O seguinte evento anual que se fai é a sustainability jam, que é precisamente sobre temas de sostibilidade. O máis divertido de todo isto é que o reto se descubre primeiro na zona de Australia, e a medida que van pasando as horas se vai descubrindo e arrancando en cada una das jams en 54 países, de tal maneira que por exemplo nós na jam anterior tivemos una conexión con Chile: nós estábamos en pleno proceso creativo mentres eles estaban descubrindo o reto.

Para poder facer isto -realmente é unha jam de deseño de produtos e servizos-, utilízanse todas as metodoloxías do design thinking aplicado a solución creativa de problemas. Qué pasa, que en vez de facelo co teu equipo de referencia o fas con persoas que non coñeces de nada.

A.N.: Claro, porque este evento fíxose nun coworking de Pontevedra (Espazo Arroelo) con xente que non se coñecían entre sí…

D.P.: sí sí, e claro, na jam explícanse un pouco as metodoloxías que se van a usar. Obviamente a maioría da xente que vén non coñece aspectos básicos de design thinking. Neste caso era máis orientado a un service design focalizado no deseño de servizos e no deseño da experiencia de cliente neles. Ten que ver precisamente con cómo é a vivencia da persona cando entra a un servicio público. Se logo o levas a problemáticas sociais podería multiplicarse por mil o efecto positivo nas persoas, máis alá dunha terapia, máis alá da prestación concreta dun servicio.

Trala explicación da metodoloxía, logo o que sucede é que se descubre o reto, que suele ser un vídeo creado pola organización global da jam, onde descubre un tema que ninguén coñece. O tema secreto este ano foi a confianza. Partindo desa metodoloxía e desa palabra iníciase o proceso de creación.

A.N.: Confianza, un concepto fundamental no consumo colaborativo…

Diego: Exactamente. E este ano, sobre todo coas vivencias que estamos tendo en relación ao mundo que temos agora mesmo e a nivel local sobre todo –nivel local entendendo España-, hai una vinculación directa coa transparencia. Apareceron un montón de elementos que tiñan que ver necesariamente coa transparencia. Unha vez que tes definido o reto tes que intentar validalo e consultar na rúa. Saes, colles as percepcións ou os insights da xente preguntando qué opina sobre este tema. Foi moi interesante porque moita xente era en plan…qué sois, los de Podemos? [risas] Crían que era como un rollo así, a xente flipaba. Flipaban os que ían preguntar e flipaba o resto da xente.

Con esas ideas volves para arriba e validas -ou non- o problema que estás intentando resolver. O gran problema é identificar o problema que resolver. Utilizar a creatividade está moi ben, pero moitas veces deseñamos solucións perfectas para problemas incorrrectos. Aquí do que se trata primeiro é de distinguir cal é o problema correcto, qué quero resolver. Unha vez que o tes aparece un proceso de pensamento guiado na diverxencia: miles de ideas, cantas máis mellor, para logo facer un cribado, una selección, un estudo, traballar con esas ideas ata que finalmente dis pois mira a miña idea vai ser ésta. Unha vez deixas esto delimitado, que pode ser un servizo, un proxecto, unha web, unha app, etc., é cando se empeza a traballar na ideación do servicio, é dicir, cómo sería a experiencia de cliente no uso dese servicio. Despois faise un prototipado rápido: un cacharro interactivo que se poida facer coas mans de forma rápida, divertida e barata, que suele ser una chorrada guay en toda regla [risas]. De feito apareceron cousas xeniales, non sei, unha escola representada cos muñecos de Lego, unha caixa de experiencias que construiron coas cousas que pasaban dentro, a un grupo se lle ocorreu deseñar A sala da confianza, para min o máis atrevido, un prototipo, unha idea basada en que todos os edificios e todas as empresas tivera una sala da confianza, onde ti puideras entrar e estar e que alguén te acompañara e che servise como guía espiritual para salir do teu estrés emocional de forma distendida, que eso fora algo normal, que en calquer lado houbera una sala da confianza [risas], entonces montaron un vídeo para poder explicar cómo sería una interacción dese estilo e tal.

Claro, é increíble que dunha palabra que sae ás 9 da mañá consigas ter prototipos realmente increíbles e desenvoltos a nivel de concepto como para facer una presentación. Logo toda esa información se vai subindo paulatinamente a esa plataforma onde todo o resto de xente de todas as jams do mundo está subindo información. Ademais están nas redes sociales, por exemplo o outro día estiven aí vendo a jam de China. Desta vez vin mogollón de jams asiáticas, mogollón de xente que está facendo cousas. É unha pasada porque ti o estás vivindo no mesmo momento, que é quizáis una das cousas máis atractivas. Sabes que estás compartindo una vivencia con miles de persoas en todo o mundo que están coa mesma premisa: intentar mellorar os servicios públicos e mellorar a calidade de vida da xente.

1888756_282082608628419_6696592726503270563_n

Diego Parajó en acción durante la edición de 2014 de Zinc Shower. Foto: Extreme Service Design Drinks

O reto ten que ser algo –aí está o tema da innovación social- que poida ser replicable en calquer parte do mundo, exportable, que sexa útil máis alá do concepto local. Suele pasar moitas veces que ese tipo de utensilios se leva sempre a un problema local e non, aquí sempre vai cun concepto global. Logo entras na páxina da GovJam, podes ver todo o resto de proxectos e é increíble –foi una das cousas que máis me chamou a atención- cómo a nivel mundial hai a necesidade de que se escoite á cidadanía. Hai mogollón de proxectos que plantexan dunha ou doutra maneira que a cidadanía poida formar parte activa da toma de decisións dos gobernos. A min iso o que me leva a pensar é que non é una cuestión puntual que eu estou vivindo aquí. Para min está sendo tamén un elemento transformacional a nivel persoal, porque estoume dando conta de que o que eu estou pensando vai máis alá de estar en contacto con catro ou cinco persoas que cren que hai un cambio de modelo, senón que agora hai un montón de xente en todo mundo plantexando que se necesita un cambio de era. Está claro que hai un cambio global e que pasa moito pola cuestión cívica e a participación social.

A.N.: Para rematar e recoller un pouco toda a conversa, parece que estamos experimentando precisamente ese boom da participación cidadá e estamos volvendo á dimensión da comunidade. O desenvolvemento comunitario convírtese en eixo case fundamental deste cambio.

D.P.: É divertidísimo [risas]. Ao tocar fondo cando realmente non só nos van mal as cousas, senón que nos quitan dun plumazo aqueles dereitos adquiridos, o que se reactivan son experiencias que en España se viviron durante os anos 80, que foi a explosión dos plans comunitarios. Non volvemos a falar de novo de plans comunitarios, pero sí está existindo unha tendencia a ter á comunidade como grupo de referencia.

A implicación das personas nas redes comunitarias, que xa son reales e virtuales -o que lle da moitísima máis potencia porque accede moita máis xente e se fan visibles para outra que doutra forma non o eran-, en moitos casos ten consistencia porque se replica de forma moi rápida e se corresponde con outras vivencias que están pasando no outro lado do mundo, que tamén é o que lle da una dimensión incrible. Hai un proxecto moi interesante aquí na zona de Caldas de Reis, a partir dunha empresa que está cambiando o modelo produtivo da zona. Transformou as viñas locales empezando a cultivar unas esponxas que lles chaman luffas, que son como pepinos que por dentro teñen una textura completamente distinta. E claro, toda esta comunidade está usando esa innovación como una reformulación do que no rural antes era un problema e agora está sendo una gran oportunidade.

Curiosamente, en Paredes de Coura -no norte de Portugal– están vivindo un proceso similar con outro tipo de cultivo. E se puxeron en rede. Claro, está pasando tamén un pouco ese novo diálogo: cómo en determinadas comunidades se están cuestionando os modelos instaurados de reciclaxe, porque o único que estamos facendo é producir máis basura pero non estamos solucionando o problema de base. Hai un proceso -explicáronme o outro día- de consumo circular. Ao final seguimos xerando lixo e xogamos a ver se sucede algo pero non.

Están aparecendo un montón de iniciativas que teñen que ver precisamente coa posta en valor das experiencias e iniciativas que ata agora mesmo eran illadas. As redes sociais están permitindo que a xente se poña en contacto e daste conta de que non soamente non estás só, senón que es parte dun movemento. Creo que esta filosofía vén un pouco tamén do márketing, non de xerar campañas senón xerar movementos. Están integrándose e están facendo que cada vez aparezan máis colectivos amparados por esa filosofía de traballar en comunidade, de facelo dunha forma organizada e comunicada e que está sendo claro unha pérdida de control para as autoridades, cousa que da moito medo. Por iso creo que hai unha reacción de control respecto do que está sucedendo co consumo colaborativo. Que existan estruturas comunitarias e que de repente aparezan espacios non controlados, non reglados, onde profesionais fan no-se-qué cousas, entendo que desde o punto de vista de control pois debe de ser complicado.


* Consulta nesta ligazón a primeira parte da entrevista a Diego Parajó.